C/ Zenit, 10 - 28023 Aravaca (Madrid) - E-mail: colegioswaldorf@telefonica.net


                        

 

 









 

 

 


Castellano | Catalá | Galego | Euskara


 

Hai varios anos creouse A Asociación de Centros Educativos Waldorf, entidade que comezou acollendo a cinco iniciativas pedagóxicas de España e que agora a forman preto de 20: Colexios, Xardíns de Infancia, Centros de Formación de Mestres...

A Asociación de Centros Educativos Waldorf naceu coa intención de unir a tódalas iniciativas pedagóxicas Waldorf de España nunha organización onde se xuntaran as forzas, onde se practicara un apoio mutuo e a colaboración entre os distintos centros escolares de España, así como a colaboración coas novas iniciativas que foran xurdindo.


A Asociación representa en España este pulo de renovación pedagóxica xa desenvolvido e probado en decenas de países de todo o mundo desde hai case 90 anos.

A Asociación de Centros Educativos Waldorf de España participa como membro de pleno dereito no CONSELLO EUROPEO DE EDUCACIÓN WALDORF, NA ASOCIACIÓN INTERNACIONAL DE XARDÍNS DE INFANCIA WALDORF E NA ALIANZA PARA A INFANCIA.

OBXECTIVOS

A Asociación, segundo os seus Estatutos, ten como fins:

1. O apoio para a creación, o mantemento e o desenvolvemento de Institucións e Colexios, que se propoñan traballar coa base pedagóxica desenvolvida por Rudolf Steiner.

2. O apoio ás persoas ou grupos de persoas que se dediquen, totalmente ou en parte, a actividades encamiñadas ao fin sinalado denantes.
 

Outros obxectivos:

-Interlocutora dos centros asociados perante as administracións públicas.

- Coordinadora de actividades pedagóxicas waldorf que atingan a varios centros.

- Promotora de actividades de apoio específico ós centros que o requiran.

- Prestación de asesoramento xurídico, administrativo e económico directamente ou a través de asesores externos.

- Coidar do bo uso do nome Waldorf por parte de Escolas e Institucións.

- Exercer o control de calidade respecto dos niveis pedagóxicos existentes nos Centros educativos.

- Promover a publicación de revistas para os asociados do mesmo xeito cá difusión da Pedagoxía Waldorf a través doutros medios de comunicación.

subir

 

 

 

 

 

 
   
       

Asociación Centros Educativos Waldorf (España) 2008