Rudolf Steiner, doutor en Filosofía e Letras, naceu en Austria
(1861) e finou en Dornach, Suíza (1925). Cursou Matemáticas,
Física e outros eidos das Ciencias e as Artes. Fundamentalmente
é coñecida o seu labor de investigación da obra científica de
Goethe. E de aí parte a constitución dunha Universidade Libre de
Ciencia Espiritual chamada Goetheanum, en Basilea, Suíza, onde a
cotío asisten estudantes de todo o mundo aos seus seminarios e
talleres de distintas especialidades. Rudolf Steiner creou a
Antroposofía, sabedoría ou coñecemento do home; consciente de
que a partir do século XX o home moderno necesita atopar unha
nova concepción do mundo e de si mesmo.
Na súa vida, hai que salientar o seu labor educativo amosada na
pedagoxía Waldorf: unha educación do neno e do mozo cara á
liberdade, dentro dunha continua renovación da sociedade.
A idea de utilizar a arte de educar como alicerce dunha
verdadeira renovación social, está presente sempre na pedagoxía
Waldorf.
A
Pedagoxía Waldorf naceu moi unida ós destinos e transformacións
do noso século. Ó rematar a Primeira Guerra Mundial (1919),
entre convulsións sociais e políticas, Rudolf Steiner acolleu a
encomenda do industrial Emil Molt de organizar e dirixir unha
escola libre en Stuttgart para os fillos de tódolos empregados
da súa fábrica de cigarros Waldorf. Rudolf Steiner asumiu a
proposta e formou ao primeiro grupo de mestres do centro,
dirixindo durante cinco anos a nova escola, destinada a ser un
modelo educativo e social vivo, segundo a súa idea da
Triformación do Organismo Social.
A
educación ten que artellarse coma un obrar artístico, nun
ambiente libre e creador. O seu funcionamento ha de basearse
nunha estreita colaboración entre mestres e pais, pois os
alumnos serán sempre o fío conductor de toda a actividade.
O
período comprendido entre o xardín de infancia e os 18 anos (nenez
e mocidade) os nenos destas escolas viveno de forma coeducativa.
É unha escola do presente e para o futuro que se apoia no
desenvolvemento evolutivo do neno, na herdanza cultural
milenaria, mais sempre axeitándose ás necesidades da vida
moderna. Os mestres educan e ensinan incluíndo nas súas clases
os elementos intelectivos, artísticos e práctico-manuais. Nas
súas reunións semanais de claustro someten o seu traballo a unha
profunda análise nunha permanente formación e renovación
profesional. Estas escolas, non presionan ao neno con exames e
esixencias de rendemento, senón que fomentan o desenvolvemento
cooperativo baseado na énfase na individualidade.
O
modelo da primeira Escola Waldorf de Stuttgart, creada en 1919,
atopou un amplo eco en Alemaña e países veciños. As xornadas
pedagóxicas organizadas por R. Steiner a partir de 1923 e as
conferencias que os seus mestres foron dando, deron como
resultado a aparición doutras moitas escolas en Holanda,
Inglaterra, Suíza e Alemaña. Coa Segunda Guerra Mundial foron
pechadas tódalas escolas, mais en 1945 comprobouse que esta gran
idea pedagóxica continuara espallándose na clandestinidade.
Na actualidade hai máis de 2.000 escolas de Educación Primaria,
Secundaria e Bacharelato Waldorf e máis de 1.900 escolas de
Educación Infantil en máis de 90 países, tanto nas zonas menos
favorecidas: Brasil, Ecuador, Colombia, Perú, coma nos países
mais desenvolvidos: Suecia, EEUU, Canadá e Australia. O acceso a
estas escolas é libre, pois se admite calquera tipo de neno,
calquera que sexa a súa orixe cultural, social, económico ou
relixioso.
En España hai case unha vintena de iniciativas Waldorf que
forman parte da ASOCIACIÓN DE CENTRO EDUCATIVOS WALDORF de
ESPAÑA. Nas Rozas de Madrid atópase A Escola Libre Micael que
conta cunha Escola de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.
Actualmente está en execución o proxecto para o Bacharelato.
Igualmente en Aravaca (Madrid), en Bellaterra (Barcelona) e en
Benidorm (Alicante) comezaron novas Escolas de Educación
Primaria. Ademais, hai proxectos para crear novos centros de
Educación de Educación Infantil e Primaria en Oviedo, Xirona,
Valencia, A Coruña, Segovia, Cádiz, Málaga, Granada...
Rudolf Steiner traballou non só no campo educativo e social,
senón tamén na agricultura, a pintura, a música e o canto e
creou a arte da palabra e a euritmia ou arte do movemento. Deu
importantes pautas para o desenvolvemento do medicamento
antroposófica e a pedagoxía curativa. En Centroeuropa existen
sonadas clínicas e centros de educación especial así coma
laboratorios: Weleda, Ischia, Wala, cunha ampla gama de produtos
tanto farmacéuticos coma na liña dietética. A estes centros
traballan e acoden gran cantidade de estudantes e médicos
interesados en coñecer esa nova orientación.
Rudolf Steiner creou tamén o método de
agricultura biolóxico-dinámica, tentando que o agricultor actual
(de antigo tan ligado á natureza) recupere a súa sabedoría
tradicional que o ligaba á terra que o alimenta, e deste xeito,
volte a ser ese “campesiño” coñecedor das metamorfoses que rexen
o crecemento das especies vexetais: recupere conscientemente o
poder dar sentido ás funcións vitais, non pase por alto miudezas
coma o fluxo das estacións, as influencias planetarias, coñecer
"simpatías" ou "antipatías" entre as sementes que sementa. Este
método, non vai encamiñado a dobrar a colleita ao prezo que sexa;
esixe coñecer e respectar as leis do mundo orgánico, o ritmo dos
seus campos e o tempo que as súas sementes necesitan. As verbas
"cultivo" e "cultura" pertencen á mesma familia. E certamente a
cultura e a arte na historia dos pobos medraron e fixeron
agromar o pensamento humano, a fantasía e a vontade, latente
neles.
Para afondar na obra de R. Steiner, poden dirixirse ás seguintes
editoriais onde están publicadas en español, portugués e catalán
moitos dos seus numerosos libros e ciclos de conferencias. Tamén
poderán atopar literatura doutros autores sobre outros campos:
Agricultura Biodinámica, Pedagoxía Waldorf, Pedagoxía Curativa,
Medicamento e Terapias Antroposóficas, Sociología, Historia,
Arquitectura e outras artes:
-
Editorial Rudolf Steiner, Calle Guipúzcoa, 11, 1º Izqda., 28020 Madrid, España;
www.editorialrudolfsteiner.com
-
Quaderns Pau de
Damasc,
Apartat 95 - CP 08197 Valldoreix, Barcelona. E-Mail:
cuadernos@paudedamasc.com
-
Web:
www.paudedamasc.com
-
Editorial Antroposófica, Cañada 220, Del Villa
Obregón, 01900 México, D.F., México;
-
Editorial Epidauro, Ramos Mejía 2615, AR 1609
Boulogne, Provincia de Buenos Aires, Argentina;
-
Editorial Antroposófica Crisólogo, Larralde 2224,
Capital Federal, AR 1429 Buenos Aires, Argentina;
-
Editorial Antroposófica, Rua Sao Benedito 1325, Casa
45, Sao Paulo, Brasil;