top of page

Pedagogía Waldorf

Rudolf Steiner, doutor en Filosofía e Letras, naceu en Austria (1861) e finou en Dornach, Suíza (1925). Cursou Matemáticas, Física e outros eidos das Ciencias e as Artes. Fundamentalmente é coñecida o seu labor de investigación da obra científica de Goethe. E de aí parte a constitución dunha Universidade Libre de Ciencia Espiritual chamada Goetheanum, en Basilea, Suíza, onde a cotío asisten estudantes de todo o mundo aos seus seminarios e talleres de distintas especialidades. Rudolf Steiner creou a Antroposofía, sabedoría ou coñecemento do home; consciente de que a partir do século XX o home moderno necesita atopar unha nova concepción do mundo e de si mesmo.

Na súa vida, hai que salientar o seu labor educativo amosada na pedagoxía Waldorf: unha educación do neno e do mozo cara á liberdade, dentro dunha continua renovación da sociedade.

A idea de utilizar a arte de educar como alicerce dunha verdadeira renovación social, está presente sempre na pedagoxía Waldorf.

A Pedagoxía Waldorf naceu moi unida ós destinos e transformacións do noso século. Ó rematar a Primeira Guerra Mundial (1919), entre convulsións sociais e políticas, Rudolf Steiner acolleu a encomenda do industrial Emil Molt de organizar e dirixir unha escola libre en Stuttgart para os fillos de tódolos empregados da súa fábrica de cigarros Waldorf. Rudolf Steiner asumiu a proposta e formou ao primeiro grupo de mestres do centro, dirixindo durante cinco anos a nova escola, destinada a ser un modelo educativo e social vivo, segundo a súa idea da Triformación do Organismo Social.

A educación ten que artellarse coma un obrar artístico, nun ambiente libre e creador. O seu funcionamento ha de basearse nunha estreita colaboración entre mestres e pais, pois os alumnos serán sempre o fío conductor de toda a actividade.

O período comprendido entre o xardín de infancia e os 18 anos (nenez e mocidade) os nenos destas escolas viveno de forma coeducativa. É unha escola do presente e para o futuro que se apoia no desenvolvemento evolutivo do neno, na herdanza cultural milenaria, mais sempre axeitándose ás necesidades da vida moderna. Os mestres educan e ensinan incluíndo nas súas clases os elementos intelectivos, artísticos e práctico-manuais. Nas súas reunións semanais de claustro someten o seu traballo a unha profunda análise nunha permanente formación e renovación profesional. Estas escolas, non presionan ao neno con exames e esixencias de rendemento, senón que fomentan o desenvolvemento cooperativo baseado na énfase na individualidade.

O modelo da primeira Escola Waldorf de Stuttgart, creada en 1919, atopou un amplo eco en Alemaña e países veciños. As xornadas pedagóxicas organizadas por R. Steiner a partir de 1923 e as conferencias que os seus mestres foron dando, deron como resultado a aparición doutras moitas escolas en Holanda, Inglaterra, Suíza e Alemaña. Coa Segunda Guerra Mundial foron pechadas tódalas escolas, mais en 1945 comprobouse que esta gran idea pedagóxica continuara espallándose na clandestinidade.

Na actualidade hai máis de 2.000 escolas de Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato Waldorf e máis de 1.900 escolas de Educación Infantil en máis de 90  países, tanto nas zonas menos favorecidas: Brasil, Ecuador, Colombia, Perú, coma nos países mais desenvolvidos: Suecia, EEUU, Canadá e Australia. O acceso a estas escolas é libre, pois se admite calquera tipo de neno, calquera que sexa a súa orixe cultural, social, económico ou relixioso.

En España hai case unha vintena de iniciativas Waldorf que forman parte da ASOCIACIÓN DE CENTRO EDUCATIVOS WALDORF de ESPAÑA. Nas Rozas de Madrid atópase A Escola Libre Micael que conta cunha Escola de Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Actualmente está en execución o proxecto para o Bacharelato. Igualmente en Aravaca (Madrid), en Bellaterra (Barcelona) e en Benidorm (Alicante) comezaron novas Escolas de Educación Primaria. Ademais, hai proxectos para crear novos centros de Educación de Educación Infantil e Primaria en Oviedo, Xirona, Valencia, A Coruña, Segovia, Cádiz, Málaga, Granada…

Rudolf Steiner traballou non só no campo educativo e social, senón tamén na agricultura, a pintura, a música e o canto e creou a arte da palabra e a euritmia ou arte do movemento. Deu importantes pautas para o desenvolvemento do medicamento antroposófica e a pedagoxía curativa. En Centroeuropa existen sonadas clínicas e centros de educación especial así coma laboratorios: Weleda, Ischia, Wala, cunha ampla gama de produtos tanto farmacéuticos coma na liña dietética. A estes centros traballan e acoden gran cantidade de estudantes e médicos interesados en coñecer esa nova orientación.

Rudolf Steiner creou tamén o método de agricultura biolóxico-dinámica, tentando que o agricultor actual (de antigo tan ligado á natureza) recupere a súa sabedoría tradicional que o ligaba á terra que o alimenta, e deste xeito, volte a ser ese “campesiño” coñecedor das metamorfoses que rexen o crecemento das especies vexetais: recupere conscientemente o poder dar sentido ás funcións vitais, non pase por alto miudezas coma o fluxo das estacións, as influencias planetarias, coñecer “simpatías” ou “antipatías” entre as sementes que sementa. Este método, non vai encamiñado a dobrar a colleita ao prezo que sexa; esixe coñecer e respectar as leis do mundo orgánico, o ritmo dos seus campos e o tempo que as súas sementes necesitan. As verbas “cultivo” e “cultura” pertencen á mesma familia. E certamente a cultura e a arte na historia dos pobos medraron e fixeron agromar o pensamento humano, a fantasía e a vontade, latente neles.

Para afondar na obra de R. Steiner, poden dirixirse ás seguintes editoriais onde están publicadas en español, portugués e catalán moitos dos seus numerosos libros e ciclos de conferencias. Tamén poderán atopar literatura doutros autores sobre outros campos: Agricultura Biodinámica, Pedagoxía Waldorf, Pedagoxía Curativa, Medicamento e Terapias Antroposóficas, Sociología, Historia, Arquitectura e outras artes:

  • Editorial Rudolf Steiner, Calle Guipúzcoa, 11, 1º Izqda., 28020 Madrid, España;www.editorialrudolfsteiner.com

  • Quaderns Pau de Damasc, Apartat 95 – CP 08197 Valldoreix, Barcelona. E-Mail:cuadernos@paudedamasc.com –
    Web: www.paudedamasc.com

  • Editorial Antroposófica, Cañada 220, Del Villa Obregón, 01900 México, D.F., México;

  • Editorial Epidauro, Ramos Mejía 2615, AR 1609 Boulogne, Provincia de Buenos Aires, Argentina;

  • Editorial Antroposófica Crisólogo, Larralde 2224, Capital Federal, AR 1429 Buenos Aires, Argentina;

  • Editorial Antroposófica, Rua Sao Benedito 1325, Casa 45, Sao Paulo, Brasil.

Enlaces de interés:

Goetheanum Pedagogic Section (Suiza): https://www.goetheanum-paedagogik.ch/es/

Waldorf Resourcing: http://www.waldorf-resources.org/es/

Friends of WaldorfEducation: https://www.freunde-waldorf.de/es/

Bund der FreienWaldorfschulen: https://www.waldorfschule.de

European Council for Steiner Waldorf Education (ECSWE): https://ecswe.eu/

Association of Waldorf Schools of North America (AWSNA): https://www.waldorfeducation.org

Steiner Waldorf Schools Fellowship website (UK): https://www.steinerwaldorf.org

International Association for Steiner/Waldorf Early Childhood Education : https://www.iaswece.org

Alianza para la infancia: https://www.alianzainfancia.pangea.org

bottom of page